Os irmáns Chamosa, domiñan a marcha Galega

A Delagación da FGA en Santiago organizaría no dia de hoxe o Campionato de Galicia de Marcha en Ruta que se desenvolvería no Concello da A Pobra do Caramiñal nun dia nada propicio climatoloxicamente.

A esta importante cita a que acudiría a práctica totalidade dos marchadores, agás Fran Durán e Eva Iglesias por motivos xustificados, os gañadores absolutos serían os favoritos ó título, os irmáns Antía e Daniel Chamosa. Os pupilos de Pardal, establecerían un rexistro de 50.20 e 44.43 acadando os títulos, da mesma maneira, da categoría Junior e Promesa respectivamente. Xunto eles estarían compartiendo podium a promesa Mar Chillón (Valencia Sports) con 50.26 e a junior Carmen Escaríz (Bidezabal) con 51.29. No que atinxe a categoría masculina o subcampionato sería para o xuvenil Roberto Vieiro (C.A.Santiago) con 45.53 sendo o bronce para o junior Brais Prieto do Real Clube Celta con 49.34.

Ligazón

Compartir: