Resultados

Laura Mosquera abandona o cargo de Subdirectora Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte

Laura Mosquera acaba de anunciar mediante escrito remitido a todas as Federacións que abandona o seu cargo de Subdirectora Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, para incorporarse o seu posto como docente de secundaria na asignatura de Educación Física no IES Poeta Añon de Serra de Outes.

Con esta renuncia Laura Mosquera remata a súa actividade técnica que a faría pasar dende o ano 2009 polos postos de Coordinadora de Deporte Escolar e Xefa de Servizo, chegando a ocupar dende fai casi catro anos o de Subdirectora Xeral de Plans e Programas.

Do seu paso pola Xunta, salientamos a súa capacidade de xestión así como o seu caracter sempre aberto e disposto ó diálogo e o entendemento.