O Barco, Ourense e Coruña centran a actividade da fin de semana

Ca estrea da nova tempada 2016/2017 continúase co calendario de compiticións centradas nas probas de pedestrismo e na que nesta fin de semana serán as Delegacións de O Barco, Ourense e Coruña quenes as desenvolvan

Para comezar, no Concello da Coruña, inaugurase unha nova edición do seu V Circuito de Carreiras Populares Coruña Corre que dará comezo ca VI Carreira Popular de Novo Mesioro Memorial Iván Rocha Freire baixo a organizacion do Marineda Atlético. A cita será este domingo as 10.30 horas no Polideportivo de Novo Mesoiro

O Concello de O Barco de Valdeorras e o Clube ADAS-Proinor pola súa banda organizarán o mesmo dia 6 a IX Carreira Popular dos Santiños con comezo e saida as 12.00 horas do Estadio de Calabagueiros. Da mesma maneira Monterrei a través do seu Concello e a Asociación Deportiva Limiactivia, acollerá a III Carreira Popular Concello de Monterrei que principiará as 10.30 horas a carón da Caso consistorial.

Compartir: