RECORDATORIO: TODAS AS LICENZAS NACIONAIS DEBERÁN LEVAR AS SIGLAS GA (CUIDADO AO RENOVAR DE TERRITORIAL A NACIONAL)

RESULTADOS

Galicia na relación de Comunidades con maior número de fichas deportivas

Segundo Memoria da tempada 2015/2016 do Consejo Superior de Deportes, o atletismo a nivel estatal, con 70.911 fichas é o décimo primeiro deporte en canto a número de licenzas federadas dunha lista que encabezan as actividades de fútbol, baloncesto, caza, golf, montaña-escalada, judo, balonmán, tenis, ciclismo e voleibol respectivamente

Por comunidades e seguindo co número de licenzas, Galicia con 6559 (3826 masculinas e 2733 femininas) ocupa o cuarto lugar superado por Catalunya con 12.786, e estando case na mesma proporción que Madrid con 6877 e Andalucía con 6803. No que atinxe as licenzas de clubes repítense as catro primeiras posicións por Comunidades si ben é Andalucía quen encabeza esta lista.

O dato negativo que a nivel xeral se extrae da Memoria, segue sendo o gran desiquilibrio existente entre a participación feminina con 753.760 licenzas en relación a masculina, cuia cifra casi cuadruplica aquela cantidade con 2.747.997.

Licenzas Federadas
Licenzas de Clubes
Catalunya 12786 Andalucía 178
Madrid 6877 Madrid 160
3 Andalucía 6803 Catalunya 138
Galicia 6559 Galicia 118
Pais Vasco 6185 C. Valenciana 110
C.Valenciana 5213 Aragón 78
Cas.-La Mancha 4855 Pais Vasco 76
Cas. y León 4367 Cas. y León 72
Aragón 3608 Extremadura 66
10ª Canarias 3186 10ª Baleares 63
11ª Murcia 2458 11ª Murcia 52
12ª Cantabria 1955 12ª Canarias 48