Seguindo co repaso a figura dos nosos atletas galegos olímpicos,
continuamos hoxe ca doutro destacado atleta vigués da época dos sesenta e principios dos setenta.
Javier Alvarez Salgado (Vigo, 1943) formaría nesa etapa xunto a Carlos Pérez da punta de lanza do atletismo galego das probas de fondo sendo olímpico en dúas ocasións
No ano 1968 batiría o récord nacional dos 3.000 m. Obstáculos na Coruña (fora xa campión de España nesta especialidade nos anos 1965 e 1966) cun rexistro de 8.37.6 o que lle permitiría tomar parte nos xogos dous meses máis tarde. Xa no Estadio Olímpico clasificaríase brillantemente para a final logo de entrar na segunda posición na súa serie con 9.03.8. Na final desputada ao dia seguinte acadaría a décimo primeira posición con 9.24.6
Unha vez rematados os xogos e por lesións, centraría a sua preparación nas probas de 5.000 m. e na dos 10.000 m. onde chegarían os seus maiores éxitos. Campión de España nos 5.000 m. en cinco ocasións, chegaría a contar cos record nacináis dos 3.000 m. Obstáculos con 8.36.4; 5.000 m.l. con 13.26.4 e 10.000 m. con 28.01.4.
A súa segunda participación nuns Xogos serían en Munich-72 onde tomaría parte nos 5.000 e 10.000 m.l acadando en ambas o seu pase a final unha vez máis nos postos 10º con 13.41.8 e 12º con 28.16.4 respectivamente.
A maiores do seu periplo olímpico, conta con dúas medallas europeas de pista cuberta nos 3.000 m. (plata en Belgrado-69 e bronce en Viena-70). salientando da mesma maneira no seu curriculum deportivo, tres medallas de ouro nos Xogos do Mediterráneo nas edicións de 1967 e 1971
Internacional en 45 ocasións estaría vencellado ao Real Clube Celta durante toda a súa vida da man do seu adestrador Alfonso Ortega. A nivel profesioal centraríase na comercialización de artigos deportivos, pasando pola política que o levaría a estar ao fronte da concellaría de Deportes de Vigo ao longo de tres lexislaturas.
Xogos | Proba | Marca | Posto |
México-68 |
3.000 Obst. |
9.03.8 | 2ºe1 |
México-68 |
3.000 Obst. |
9.24.6 | 11º |
Munich-72 |
5.000 m. |
13.36.3 | 4ºe2 |
Munich-72 | 5.000 m. | 13.41.8 | 10º |
Munich-72 | 10.000 m. | 28.08.6 | 3ºe1 |
Munich-72 | 10.000 m. | 28.56.4 | 12º |
Un espacio para la Historia: Javier Alvarez Salgado ( de Emilio Navaza)