Okutu e Casañas no desfile dos Xogos

Rio viviu unha fermosa e brillante ceremonia de inauguración dos seus Xogos Olímpicos no que supuxo o arranque do acontecemento deportivo máis importante do Planeta.

Pola cerimonia, seguida en directo en todo o mundo, desfilarían os distintos paises que tomarán parte nos Xogos ata o vindeiro 21 de Agosto e na que poidemos ver moitísimas alusións e moitísimos xestos cara ao ecoloxismo e sobre todo cara cuestións sociáis e humanitarias como sería o desfile baixo bandeira olimpica dun equipo de refuxiados que sería sen dúbida un dos máis emotivos da cereminia.

No equipo español, que desbordaría entusiasmo, poidemos ver aos noso dous representantes Frank Casañas e Jean Marie Okutu, disfrutando dun momento irrepetible e único na vida dun deportista.

Compartir: