O calor perxudicaría a Antia Chamosa no seu debut europeo

No Campionato de Europa de atletismo que se está a desenvolver na capital Georgiana de Tbilisi, tomaría parte no dia de hoxe a marchadora Antia Chamosa sobre a proba dos 5 Km. Marcha, na primeira xornada dos Campionatos .

O dia que resultaría moi caluroso, non beneficiaria a galega que sufriría máis do previsto nunha proba na que as dúas primeiras posicións serían ocupadas por marchadoras turcas e na que o bronce sería para a española Marina Peña con 23.05.90. Antía remataría no posto décimo cuarto con rexistro oficial de 25.31.20

Noutro orde de cousas salientamos a actuación na proba, precisamente de marcha, da Xuiz olímpica e Arbitro Nacional Dolores Rojas, que como membro do Panel de marcha da IAAF forma parte habitual dos xurados deste tipo de encontros internacionáis.

Ligazón