RECORDATORIO: TODAS AS LICENZAS NACIONAIS DEBERÁN LEVAR AS SIGLAS GA (CUIDADO AO RENOVAR DE TERRITORIAL A NACIONAL)

RESULTADOS

Jose Vicente Rioseco ¡¡¡ Récord Mundial M-75 nos 800 m.!!!

Durante a desputa do Campionato Galego de Veteranos disputado onte en Vilagarcía, produciríase o Récord do Mundo na categoría M75 de veteranos a cargo de José Vicente Rioseco López do Egovarros de Viveiro cunha gran marca de 2.30.59


O anterior récord estaba en posesión do australiano David Carr 2.34.30 acontecido no último mundial desenvolto en Lyon.


Fantástica nova, que se suma ao amplo curriculum deportivo deste atleta, e que pon en valor o atletismo veterano na nosa Comunidade.

Compartir: