A Selección Galega Absoluta, sétima en Alcobendas

Resultado agardado o obtido pola Selección Galega absoluta no Campionato de España por Federacións Autonómicas acontecido en Alcobendas, e no que os galegos acadarían a sétima posición cun total de 449 puntos. Malia as xa anunciadas e notables ausencias que mermarían o potencial galego, o resto do equipo desenvolvería un campionato moi completo que depararía actuacións moi destacadas. Entre estas cabe salientar o trunfo de Alfonso Palomanes en triple con 15.63 m. con todos os seus intentos por riba dos 15.50 m.. Importantísimo resultado tamén o de Frank Casañas, segundo en disco con 58.60 m. o cal, e sumado ao do resto de seleccioados, faría que Galicia estivera ao remate da primeira xornada na sexta posición.

A xornada do serán abriríase co carreirón de Claudia Rojo quen baixaría sete centésimas do minuto na proba dos 400 m.v., para impoñerse e deixar o reloxo en 59.93 . Belén Toimil cumpliría coma sempre a perfección, acadando un cuarto posto en disco con 41.40 m. e unha asegunda posición en peso con 15.95 m.. Lidia Parada en xavalina con 53.23 m. e Solange Pereira nos 1500 m. con 4.22.24 vencerían nas súas probas con autoridade, axudando de maneira importantísima a selección a sumar puntos nese cómputo xeral.

A velocidade contaría cun espectacular Mauro Triana que se iría nos 200 m. ata os 21.14 cedendo tan só ante o castelano-leonés Oscar Husillosna. Notabilísimas actuacións de igual modo tanto de Adrián Ben nos 1500 m. (3.54.77) Esther Navarrete nos 3000 m. (9.31.90) coma de Joselyn Brea nos 3000 Obst. (10.28.99) os cales cederían tan só dúas posicións nas súas probas. A lonxitude tivo color galego dende o primeiro salto, xa que Jean Marie Okutu neste intento iríase ata os 7.91 m. que suporían a millor marca da proba. Por último, os relevos terían as dúas caras da moeda xa que se os homes ficaban descalificados no 4×100 m., as rapazas, soberbias no 4×400 m., imporíanse grazas ao formidable traballo das súas protagonistas: Claudia Rojo, Paula Iglesias, Paula Ferreiros e Eugenia Gil.

Actuaccion Galega
RESULTADOS