A Selección Galega Cadete xa se atopa en Cartagena

A Seleción Galega Cadete de atletismo xa se atopa no seu hotel de concentración. O combinado galego que tomará parte no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en idade escolar que acontecerá esta fin de semana en Cartagena, acude cun gran equipo no que practicamente (e por rexistros), están a ocupar os oito primeiros postos de cada proba.

Do total dos seleccionados salientamos a presencia dos atletas Nicolás García en disco, Sara López nos 1500 Obstáculos e Olaia Guisela Becerril en lonxitude. Estes atletas partirán cos millores rexistros de todos os participantes o que deseguro, fará que estén na pelexa polo trunfo.

Na loita polo podium tamén estarán inmersos Marco Martínez en altura, Pablo Tojal en pértega, Alex Novas en 5000 marcha, asi como Uxía Sureda en xavalina, Iria Filgueira en martelo, Uxía Pereira en 100 m. valados, Lucía Sicre nos 600 m.l. e Diego Alonso nos 1500 m. Obstáculos

Atletas inscritos Web do Campionato

Compartir: