Erika Arribas “Tócanos sufrir esta fin de semana”

Outro dos clubes inmersos esta fin de semana na Liga de Clubs é o Lucus Caixa Rural Galega que se achega a terras do Turia para tomar parte na fase de permanencia da 1ª División feminina.

Erika Arribas Rodríguez (Lugo,1980) presidenta da entidad dende comezos do 2015 valora desta maneira a expedición ” temos un bo equipo malia que as baixas de última hora non nos van permitir amosar o noso verdadeiro potencial” Cree a posibilidade de que existan máis equipos, que ao igual que elas, acudan con baixas importantes, pronosticando neste aspecto que “loitaremos co Monzón e o Tenerife pola permanencia un ano máis nesta categoría”

O Lucus botará man dos seus equipos filiales para completar un conxunto competitivo na que Miriam Otero e María Rodríguez do Atletismo Narón, asi como Laura Rosende e Iria López do Coruña Comarca serán as encargadas de reforzar o potencial lucense. Con todo elo a presidente da entidad sinala que “os nosos puntos fortes con nomes propios son Paula Ferreiro, Alicia Merino e Nazaret Sinde, sen esquezer a Sara López” para acabar recoñecendo “dende logo a pértega e os relevos do 4×100 son as probas que máis frouxas temos”

A expedición que fará noite en Cuenca acude “cun excelente ánimo, gañas e motivación” rematando confesando, que si ben o obxectivo femenino é a permanencia, preocúpalle o equipo masculino, do que agarda poder seguir contando cos referentes internacionáis cos cales artellar un equipo competitivo que nun futuro inmediato volva a loitar polo ascenso a 1ª división.

Xunto ao LUCUS Caixa Rural Galega, estarán tomando parte no seu grupo o J.A. Sabadell, C.A. Torrent, UCAM Cartagena, Hinaco Monzón, Oviedo Atletismo, CEA Tenerife 1984, e o Clube de Atletismo Silla

LISTADO DE ATLETAS INSCRITAS

Compartir: