Este fin de semana desputouse nas pistas de Balaídos o Campionato de Galicia de Probas Combinadas,cun total de 55 inscritos, 31 mulleres e 24 homes.
As probas desputaronse en dúas xornadas, sendo a primeira o sábado 28,en xornada vespertina e a segunda o domingo 29,en xornada matutina. O tempo non respetou os atletas na primeira xornada.
No Octathlón maculino o gañador seria Marco Martínez con 4127 puntos escoltado no pódium por Carlos Álvares e Victor Mosteiro. No Decathlón Xuvenil Anxo Breogan fariase co metal dourado cun total de 3569 puntos e Cristian Camilo fariase coa prata cun total de 3186 puntos. No Decathlón Absoluto masculino Santiago Ferrer con 5924 puntos acadaría o primeiro posto e Alejandro Romero o segundo con 4009 puntos, Adolfo Sainz tivo que abandoar por lesión cando ía líder do Campionato, Alberto Vázquez tamén abandonou.
En mulleres no Hexathlón Cadete femenino gañaría Andrea Reija con 2904 puntos,seguida de María Jimenez e Andrea Botella,no Heptathlón sería Alicia Merino a gañadora con 4047 punto,no pódium estaría acompañada por Andrea Novoa e Paula Martin, no Heptathlón Xuvenil imporiase Eva Queimaño con 4109 puntos, acompañada de Andrea González e Nerea Perelló.
Cabe subliñar a marca mínima para o Campionato de España obtida polos atletas Marco Martínez, Eva Queimaño e Andrea Rodríguez.