Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Resumo do Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por Equipos

O domingo desputouse nas pistas universitarias de Elviña o Campionato de Galicia benxamin, alevin e infantil por equipos, unha intensa xornada de atletismo onde os máis pequenos e as súas familias poideron desfrutar da bo tempo e da actividade.

Na 1ª xornada o redor de 1000 cativos de categoría benxamin e alevin saltaron correron e lanzaron traballando en equipo, os clubes que subiron o pódium en categoría benxamin masculino foron o San Narciso,o Coruña Comarca e o Ourense Atletismo, primeiro, segundo e terceiro respectivamente,en mulleres serían o Vila de Cangas, Marineda Atlético, e o Ría Ferrol respectivamente.

En categoría alevin os clubes vencedores en homes foron Franciscanos de Lugo primeiros, Ourense Atletismo segundo e Vila de Cangas terceiro, en mulleres serían primeiras as rapazas do Atletismo Fontes do Sar, segundas a do Club Atletismo A Estrada e terceiras as do Ourense Atletismo.

Na 2ª xornada turno para os infantis,preto de 500 rapaces nunha intensa e fermosa xornada onde os gañadores en categoría masculina imporiase o Vila de Cangas, seguido do Ourense Atletismo e terceiros o CA Millaraio en féminas serían as rapazas do CA Millaraio, segundas as do Ourense Atletismo e terceiras as do Vila de Cangas.

Fotos: Atletismo A Estrada / CA Millaraio

Compartir: