Resultados en directo

Exito dos marchadores galegos en Rio Maior con RG e mellora de marcas persaois

A Challenge Mundial de Marcha de Rio Maior, Portugal trae consigo un bo resultado dos atletas galegos.Destacar a actuación de Daniel Chamosa cun tempo de 44:22 nos 10 km e terceiro clasificado na categoría xunior. Nos 20km Mar Chillón e Rodrigro Domínguez tiveron que retirarse.

Victoria nos 5 Km de Christian Curopos cun rexistro de 21:16 mellorando a súa marca persoal, Roberto Vieiro segundo e gañaría na categoría cadete cun tempo de 23:30 mellorando o seu rexistro particular, o mesmo faría Brais Prieto en categoría xuvenil e Emilio Novás primer xunior cun tempo de 24:39.

En rapazas Antía Chamosa sería primeira cun rexistro de 24:49, Iria Rivas primeira cadete acadando a súa MMP 26:06

En 2km victoria e record galego para os cadetes Alex Novás e Valeria Fernández. Ana Piñeiro récord galego infantil con 9:52. Outros, como Natalia Rivas, mellorarian o seu rexistro particular.

Na clasificación por equipos, o formado pola Escola de Marcha da Deputación de Pontevedra acadaria o primeiro posto.

Compartir: