Centenario do primeiro Campionato de Galicia de Cross

O 9 de abril de 1916 celebrouse en Vigo o primeiro Campionato de Galicia de cross. Estamos, polo tanto, no centenario do atletismo galego. O noso deporte chegou a nós, inicialmente, polos esforzos dos ingleses e alemáns e chegaron a Vigo a traballar para o Cable Inglés e Cable Alemán. Eran compañías de telégrafos que, ademáis de traballo, trouxeron actividades deportivas na que o atletismo xogou un papel fundamental. No 1913 celebrouse o primeiro gran mitin de atletismo tamén en Vigo e onde eles tiveron un papel preponderante na organización. Esta colaboración rematou co inicio da Iª Guerra Mundial no 1914 pero a semente estaba plantada.
Despois de cada Xogos Olímpicos, de principios do século pasado, produciase un efecto propagandístico por todo o mundo. Estamos nunha sociedade onde obviamente non había a “mass media” que temos agora pero a prensa escrita tiña un papel fundamental e despois dos Xogos de Londres 1908 e Estocolmo 1912 produciuse unha expansión do atletismo a nivel mundial que chegou a Galicia gracias a eses inmigrantes alemáns e ingleses.
No 1916 celebrouse o primeiro Campionato de España de cross e un par de meses xa estaba disputándose o primeiro Campionato de Galicia da historia. Os organizador foi o club Real Vigo Sporting Club. A ese esforzo, incial, sumouse “Handicap” (Manuel de Castro), que foi un defensor a ultranza do atletismo a pesar de que el era un home de fútbol pero de gran peso xa que escribía, adestraba e estaba moi en contacto coas forzas vivas da época. Handicap foi o precursor do que sería a primeira selección galega de cross que acudiría a un Campionato de España y tamén foi un dos que loitou porque tiveremos en Galicia un Campionato de España de pista. Os seus esforzos víronse recompensados no 1921 cando tivemos a edición do quinto Campionato de España de pista no Campo de Coia en Vigo.

No primeiro Campionato de Galicia de cross xuntáronse 43 corredores que procedían na súa inmensa maioría de equipos de fútbol vigués e os alemáns do Cable Alemán. O vencedor final foi un atleta de 17 anos chamado José Castillo que pasou a historia como o primeiro dos campións galegos de cross. Era un empregado de ferrocarril que pertencia ao club organizador, Vigo Sporting Club , antecesor do Celta de Vigo. No mes de maio dese mesmo ano disputouse no Campo de Monelos (A Coruña) o primeiro Campionato de Galicia de pista. Chamáronlle “olimpiadas” porque era o xeito de chamarlle, nesa época, a tódolas reunións atléticas, pola similitude cos Xogos Olímpicos. Xuntáronse media centena de atletas de Ferrol, Madrid, Vigo e A Coruña. Foi a primeira vez que tivemos un enfrentamento de atletas de varias partes de Galicia e foron os atletas de Vigo os que tomaron ventaxa gracias a influencia alemana que ademáis participaron habitualmente cun equipo propio (Sport Germania) en tódalas competicións destacadas de atletismo. O primeiro campión de España galego foi un deses alemáns que afincouse en Vigo, españolizou o seu nome de Wilhem por Guillermo (Bachmann), http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0003909037&page=16&search=bachmann&lang=ga
casou cunha galega, tivo dous fillos galegos e morreu nos anos 60 despois de medio século de vida na nosa terra.
A Coruña e Vigo foron os primeiros impulsores do atletismo galego que incialmente estivo moi vencellado aos equipos de fútbol. Moitos eran os xogadores dese deporte que practicaban ambos deportes xa que naquela época consideraban ao deportista como unha personal integral que cultivaba tódolos deportes e buscaba a súa formación completa en tódolos aspectos posibles. Eran denominados “sportmen”, palabra de claro orixe británico.
Despois desta primeira fase de formación comenzaron a xurdir clubs máis estrucuturados. No ano 1920 aparece o Comesaña, o decano do noso atletismo, e xunto cos Exploradores terían unha gran rivalidade atlética no cross. Aos primeiros os denominaban os “finlandeses” en honor aos atletas de ese país que eran os dominadores do fondo mundial e os segundos os chamaban os “Boys” xa que eran Boys Scouts.
Cando falamos de centenario é do atletismo masculino. A chegada do atletismo feminino tivo que esperar aos anos 60. Na II República tivemos en Pasarón (Pontevedra) unha exhición das irmás Moles, dúas das mellores atletas españolas da época. Ambas chegaron a ter a mellor marca mundial de lanzamento de martelo. Pero foi unha mera anécdota, o franquismo considerou co atletismo era masculinizante e deixou a muller relegada a labores de nai e ama de casa. Esa discriminación, por razóns de sexo, comenzou a cambiar nos anos 60 e A Coruña foi unha das zonas pioneiras do inicio do atletismo feminino nesta segunda etapa. Antes, na República, as mulleres fixeron atletismo pero só en Madrid e Cataluña. Froito desa discriminación histórica, tivemos que esperar a Barcelona 1992 para ter a nosa primeira olímpica feminina.

Crónica Óscar Fernández

Compartir: