Resultados en directo

A Xunta e Expourense subscriben convenio para a construccion da Pista Cuberta

A pista cuberta de Ourense está máis cerca de facerse unha realidade, despois de moito tempo loitando por dotar a Galicia dunha Estos días o Secretario Xeral para o Deporte e o Patronato da Fundación de Ferias e Exposiciones de Ourense, Expourense suscribiron un convenio para a construcción da Pista de Cuberta de 200 m en Galicia, no recinto ferial.

A infraestrutura hidráulica no recinto ourensán contará con 6 rúas en pista circular de 200 metros de perímetro, 8 rúas en pista recta, zona de lanzamento de peso, zona de saltos de altura, lonxitude e pértega

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa destacou o feito de que Galicia vaia a albergar unha instalación destas características, das que só existen outras dúas en España. Esta pista é necesaria para o atletismo galego. É un día moi importante para Ourense e o atletismo, e para Galicia e o deporte en xeral. Será a terceira pista hidráulica en España, un sistema innovador que permite compatibilizar os usos en Expourense.

No Diario Oficial de Galicia publicarase o anuncio da licitación conxunta do proxecto e da obra que, sufragada integramente pola Secretaría Xeral para o Deporte, ascenderá a máis de 2.700.000 euros.

Compartir: