Este venres terá lugar a presentación do libro

Este venres ás 19:00 horas terá lugar na tenda de Decathlon de Lugo a presentación do libro “Esbozos do deporte galego. Unha aproximación ao atletismo”. O libro foi escrito por Mª. Rosario Regueira Cereijo escritora galega e muller que vivió moi de preto o ambiente do atletismo galego ao ser a nai de Xoana Roig, atleta que representou a Galicia en diversos Campionatos de Galicia. O libro ten dúas partes ben diferenciadas, por un lado aborda a práctica de atletismo e as súas modalidades, e por outra parte fai unha aproximación á historia do atletismo galego, destacando feitos e hazañas logradas por clubes, atletas e adestradores galegos. O venres terá lugar a presentación que será presidida polo Presidente da Federación Galega de Atletismo D. Isidoro Hornillos Baz quen estará acompañado por Víctor Arufe, Secretario Xeral da FGA e pola autora do libro Mª Rosario Regueira, quen amosará ao público asistente o máis relevante da obra e a súa motivación para redactar este importante manuscrito.

Compartir: