Resultados en directo

Sergio Sanchez e Paula Mayobre vencedores do VIII Medio Maratón Coruña C21

O VIII Medio Maratón Coruña comezou pasadas as 9:10 da maña cunha exhibición de HandBike protagonizada por Iván Montero e Ángel López, primeiro e segundo respectivamente.

As 10:05 arrancaba a Carreira Oficial do VIII Medio Maratón Coruña con 1775 participantes onde por primeira vez na cidade herculina participaba un corredor en cadeira de rodas, Álvaro Illobre, dentro da proba oficial.

Os vencedores da proba foron Sergio Sánchez en homes e Paula Mayobre en Mulleres. No podium estiveron acompañados por Alejandro Fernández e Hassan Lekhili, Vanesa Lafuente e por Raquel Suárez, segundo/a e terceiro/a respectivamente.

Resultados Provisionais

Compartir: