Eva Arias novo record galego en 3000 obstáculos con 10.11.96

Fantástica actuación das atletas galegas no Meeting Iberoamericano de Huelva. Eva Arias volve con forza na proba que tantas exitos acadou, os 3000 obstáculos. A atleta do ADAS, con 10.11.96 rebaixaba en sete segundos o seu propio record do ano 2004. Marcas persoais para Jenny Fernández e Esther Navarrete, ámbalas duas do Atletismo Femenino Celta, con 2.08.11 nos 800 e 16.30.87 nos 5000, respectivamente. Boa actuación tamén de Solange quen foi segunda con 4.14.71 na proba dos 1500.

Compartir: