Nos últimos anos padecía unha grave enfermidade, o seu amor polo atletismo
palpábase nas competicións nas que colaboraba ou xestionaba e no seu traballo a diario. Formou parte de numerosas comisións e comités, entre eles salientar a sua membresía á Xunta Directiva da Real
Federación Española de Atletismo e o seu cargo como 1º Director Técnico da FGA trala súa constitución como federación, periodo na que acompañouno como Presidenta do Comité Galego de Xuices Dª. Rosa
Janeiro, a súa viúda, a quen enviamos unha forte aperta. Tamén foi delegado da Delegación de Santiago e como xuiz foi convidado e actuou nos Xogos Olímpicos do Barcelona 92, sempre sendo un gran
referente dos xuíces galegos. Suso era unha persoa de trato cercano, amable, traballador e moi sociable. Dende a FGA lamentamos esta perda dun ser excepcional e desexamos transmitir o noso pésame
para toda a súa familia e amigos.