O centro de lanzamentos en Lovelhe, Vila Nova de Cerveira, volveu
acoller o éxodo masivo de atletas galegos buscando competición, na súa III Xornada de lanzamentos. Dos 80 atletas, e 100 participacións, o 50% eran españois, de 19 clubs nacionais, que encontraron,
como sempre, a mellor das acollidas.
Entre as actuacións máis sobresaíntes, a de Martín Liste (A Silva), que se coloca primeiro do ránking nacional júnior de disco cunha marca de 51,64m, buscando a mínima do europeo de Suecia, que a
RFEA encareceu ata os 54,50m.
Isaac Vicente (Marathón) recupera boas sensacións co martelo e asina un rexistro de 65,97m, subindo ata o terceiro posto absoluto. O vigués só foi superado por Antonio Vital (Benfica), mellor
portugués absoluto con 66,88m. Pablo Denís (Marathón), lonxe da súa marca, foi terceiro con 57,77m.
En lanzamento de xavelina lográronse tamén resultados satisfactorios. Adonis Román (Coruña), con 53,72m e o atleta júnior Iago Pazos (Narón), con 51,57m, ambos os dous aproximándose aos seus
mellores rexistros. En rapazas, destacou Elia Pascual (Plaias de Castelló), que lanzou 48,31m.
FC