A segunda xornada dos Campeonatos de España Absolutos que se celebraron na localidade malagueña de Antequera depararon fantásticos resultados ós atletas galegos. As medallas da xornada do sábado de Jean Marie Okutu ouro en salto de lonxitude con mínima para o Europeo de Praga e Ana Peleteiro bronce en triple salto ademais do record galego de Mauro Triana nos 200 metros lisos, o atleta do Coruña Comarca lograba na mañá de hoxe a sua primeira medalla nun Campeonato absoluto sendo terceiro con 21.77 no 200 metros. Asemade, Belén Toimil lograba a medalla de plata en lanzamento de peso con 15.27 e Solange Pereira convertiase en Campeona de España en pista cubierta dos 1500 metros con 4.23.06, nesta mesma carreira sensacional Leticia Fernández do Ría Ferrol que foi cuarta. Destacamos tambén o novo record galego de triple salto de Alfonso Palomanes (FCB) con 16.08 que lle valeu o cuarto posto. Salientar, tamén, a participación dos outros finalistas da xornada Victor Riobo (C.A Santiago), Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) e Sergio Rodríguez (Coruña Comarca) na final B dos 200. Actuacción Galega
EG