Convenio de Colaboración entre a empresa DISNAV e o Club Atletismo Sada

Na mañá de hoxe, procedeuse á firma do Convenio de Colaboración entre a empresa DISNAV e o Club Atletismo Sada. O documento recolle o desexo de DISNAV de colaborar na promoción do deporte de base, como manifestación do dereito ao xogo de todos os nenos e nenas recoñecido na Convención sobre os Dereitos do Neno.
A firma tivo lugar nas oficinas de DISNAV sitas no Polígono de Bergondo, e ten unha duración de 4 anos, que dará sostibilidade ao proxecto deportivo do CAS. (Ir a noticia completa)

No acto, Daniel Pazos, propietario da empresa, declarou a satisfacción que lle produce ter alcanzado este acordo cun Club como o CAS, que representa unha filosofía do deporte que el comparte totalmente, baseada no esforzo e o afán de superación. Valores que lle serviron para levar a súa empresa, DISNAV, Distribucións Do Nadal, a ser unha referencia de ámbito nacional no seu sector, e expandirse no mercado internacional máis alá das nosas fronteiras.
O Presidente do CAS, Fernando Míguez, presente no acto conxuntamente co vicepresidente Carlos Reinlein, agradeceron a confianza depositada no Club, nuns tempos tan difíciles como os actuais, e confían en que a medio prazo o convenio será beneficioso para ambas as dúas partes.

Compartir: