Resultados

Presentacion do Memorial Adolfo Ros – Volta a Ria

Hoxe presentouse no Concello de Ferrol a XXIX edición do Memorial Adolfo Ros Volta á Ría que este ano será organizará pola cidade departamental. O acto estivo presidido polo Alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela que estivo acompañado, entre outros, polo presidente da FGA Isidoro Hornillos e máis pola filla do homenaxeado Sabela Ros. O rexidor municipal salientou a dimensión social e prestixio desta carreira e o esforzó que fará o departamento de deportes para que sexa un gran evento. Pola súa parte o presidente da FGA resaltou a figura de Adolfo Ros poñendo en valor a heroicidade da sua xesta acontecida en 1985 cando perdeu a vida por salvar a tres persoas nunha praia ferrolana. Isidoro Hornillos destacou a importancia de honrar a Adolfo Ros a través desta carreira que trascende do ámbito puramente deportivo e que debe servir á sociedade para recordar permanentemente a “insuperable xenerosidade” de Adolfo Ros. A filla do homenaxeado Sabela agradeceu o esforzó de todas as institucións en nome da familia.