Miles de participantes desafiaron á primeira baixada das
temperturas nas carreiras populares que se dipsutaron esta fin de semana. Nunha das
carreiras decanas do calendario e última proba do II Circuito de Carreiras Populares da Diputación da Coruña, a XXXV Carreira
Popular Negreira venceu o keniata Yusuf Kibut con un tempo de 30.15 en homes e Mª Jesús Gestido que despois da sua maternidade e con novo club, o Atletismo Vila de Cangas volve con
forza.
Na VIII Vigo+11 foron Manuel Hurtado do New Balance e
Sandra Mosquera do Comesaña quen parece totalmente recuperada da sua lesión os primeiros en cruzar a liña de meta. Xa II Carreira Contra o Cáncer Corre por Ferrol, con case o doblo de participantes
que na primeira edición, os primeiros foron Brais Canosa do Atletismo NArón e Paula Mayobre do Bikila.