Nova edición do Congreso Técnico de Xuíces Galegos

O 22 de novembro o Comité Galego de Xuices e a Federación Galega de Atletismo organizarán un novo Congreso Técnico de Xuíces en A Coruña. Trala demanda e o éxito acadado no pasado ano, no cal participaron máis de 100 xuíces galegos o presidente do CGX D. Eloy Bretal aposta por unha nova organización do evento contando co apoio do presidente da FGA D. Isidoro Hornillos. Este congreso é o único que se organiza por unha federación autonómica en todo o estado español, e servirá para mellorar a labor deste colectivo, establecendo unha uniformidade nos criterios á hora de xulgar. Animamos a todos os xuíces a participar gratuitamente nesta importante actividade.

Compartir: