Exito da Carreira Popular de Ames

Centos de persoas participaron esta mañá na decimo quinta edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que este ano celebrouse nos arredores do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Un ano máis superouse o número de participantes respecto á edición anterior e nesta ocasión alcanzáronse as 1.400 persoas, afeccionadas e deportistas, unha cifra que é o récord de participación en toda a historia desta proba deportiva. Aos deportistas hai que sumarlle os centos de persoas que asistiron como público a esta consolidada cita do atletismo. Este ano, os gañadores absolutos da proba foron Abdelkader Bouguerrougj e Marinela Mayo Caamaño. O alcalde de Ames, Santiago Amor, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o alcalde do Concello de Santiago, Agustín Hernández, cortaron a cinta inaugural coa que se daba comezo á décimo quinta edición desta proba e tamén participaron na carreira.

Este ano os gañadores absolutos da carreira foron Abdelkader Bouguerrougj na categoría masculina e Marinela Mayo Caamaño na feminina. No segundo posto na categoría masculina quedou Ernesto Buceta e terceiro foi Juan Pablo Fernández, mentres que na categoría feminina, María Mareque foi segunda e Carolina Lara Buig quedou terceira.
ResultadosClasificaciones provisionais II Circuito Deputacion

Gañadores/as por categoría
Por outra banda, na categoría promesa-sénior os gañadores foron Cristian Muíños Varela e Shaila M. Muñiz Pérez; na categoría xuvenil-júnior os gañadores foron Anxo Lema Saavedra e Nuria Rodríguez Gómez. En canto ás categorías de veteranos, os vencedores foron Ángel Maceiras Lago (veteranos 1), José Suárez Leis (veteranos 2), Ramiro Pérez Pereira (veteranos 3), Raquel Armesto Pinedo (veteranas 4) e Marina Fernández (veteranas 5).
Cómpre destacar que este ano tamén houbo premios para os tres mellores atletas amienses que participaron na proba absoluta. Deste xeito, os primeiro clasificados foron Juan Pablo Fernández e Marinela Mayo Caamaño, na segunda posición quedaron Alberto Carril e María Mareque, e terceiros foron Nemesio Fernández e Shaila M. Muñiz Pérez.
Por último, nas categorías escolares os gañadores foron Sergio Prieto Pazos e Sonia Rivadulla Blanco (benxamín); Daniel Mato Gómez e Degnesh María Mato Gómez (alevín); Diego Alonso Campo e Claudia Fernández Couto (infantil); Pablo Monteagudo Pérez e Claudia Blanco Olivares (cadete)

Compartir: