Miguel Martinez Larrea, novo delegado da FGA en Vigo.

Miguel Martinez Larrea, xuiz nacional de atletismo, foi nomeado polo presidente da FGA novo delegado federativo en Vigo. O cambio prodúcese trala renuncia presentada por Javier Alvarez Salgado o pasado fin de semana.

O novo delegado federativo iniciou a súa vinculación ao atletismo nos anos 60, no seu pais de orixen, Chile. Tamen foi xuiz de atletismo en Argentina e practicante na Agrupación Atlética Aconcagua (Buenos Aires). Posteriormente foi xuíz e colaborador técnico na Asociación Atlética Jaliscense (Guadalajara-México).

Nos últimos 11 anos realizou labores de xuices no Comité Galego de Xuices e nas dúas últimas tempadas como delegado en Vigo deste colectivo. A FGA agradece os servizos prestados polo señor Salgado ao atletismo galego á vez que felicita e desexa sorte na súa xestión ao novo delegado.

Compartir: