Resultados

Carlos Porto e Solange Pereira vencen na proba dos 1500 no G.P de los Corrales de Buelna

No XIV G.P. de los Corrales de Buelna en Cantabria a proba dos 1500 tivo color galego ó vencer o céltico Carlos Porto e a atleta do Bikila Solange Pereira. Carlos Porto con eses 3.47.46 millorou ampliamente a sua marca persoal e refrenda así a proxección que xa mostrou na pista cuberta. Pola sua parte, Solange Pereira volve a baixar dos 4.20 por segunda vez nesta tempada ó aire libre con 4.17.70. Bo rexistro tamén para Yuliana Velásquez nos 800m con 2.09.68.

Compartir: