Resultados

Daniel Bargiela e Iria Fernandez campiones galegos de Medio Maraton

Daniel Bargiela do Bikila e Iria Fernández do Comesaña novos campeones galegos de Medio Maratón, campionato que se celebrou conxuntamente ca XVII Media Maratón de Vigo. Dende os inicios da proba tanto Daniel Bargiela como Iria Fernández marcaban o seu ritmo e distanciábanse dos seus rivais entrando na liña de meta con 1.10.40 e 1.23.28, respectivamente. Completaron o podium do campionato Jorge Crespo do Club Atletismo Sar (1.12.04) e o responsable do sector de marcha da FGA Jorge Silva do Ourense Atletismo (1.12.34) nos homes e a actual campeona galega de maratón Sonia Teijeiro do Ourenrunning con 1.25.35 e Sofia Freaza do Comesaña (1.29.56) nas mulleres. Resultados

Fotos gentileza Flor Curras

Compartir: