Resultados

APROBADO O REGULAMENTO ELECTORAL POR PARTE DA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA F.G.A.

O pasado sábado 3 de maio, tal e como estaba previsto, celebrouse na Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia (Santiago de Compostela) a Asemblea Xeral Extraordinaria na que se aprobou o Regulamento Electoral. Todas as federacions deportivas galegas deben desenvolver durante o ano 2014 o proceso para a elección de membros da Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidente. O documento aprobado polos asembleistas será remitido, tal e como indica a Orde do 8 se setembro de 2010 maila Ley 3/2012 do Deporte de Galicia, á Secretaría Xeral para o Deporte para a súa revisión.

Compartir: