Resultados

Paula Mayobre e Daniel Bargiela, gañadores da MediaSan

A MediaSan do Camiño estreouse con éxito nun domingo de Ramos onde a simbiosis entre os Concellos de O Pino, Santiago e a Federación Galega de Atletismo deron como resultado una primeira edición chea de emocións e éxito en termos de participación.
O protagonismo acapararono os atletas do BIKILA Paula Mayobre e Daniel Bargiela, vencedores absolutos, os cales marcaron o palmarés da proba no día do seu nacemento.
Os case 400 atletas participantes desfrutaron dun fermoso percorrido compartindo esta derradeira etapa do Camiño de Santiago con decenas de peregrinos que hoxe finalizaban en Santiago de Compostela a súa “andadura”. O bo clima e o esforzó feito desde a organización xunto coa aportación de todos os colaboradores desta primeira edición (Corte Inglés, Begano, Fisio Rehab, Protección Civil de Santiago, La Voz de Galicia, Moto Club Santiago, BTT Montaevai O Pino, Garda Civil de Tráfico, Gadis, Multiusos Fontes do Sar, Policía Municipal de Santiago,…) marcaron o inicio dun “camino” onde a MediaSan pretende facerse un oco entre as exitosas probas da distancia presentes no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.
Club Atletismo Sar A Poutada, Clube Atletismo Milladoiro e Clube Universidade de Santiago forono os vencedores por clubes. Individualemente, Elías Domínguez Cabral e Luis Calvo Castro compartiron podio no apartado masculino; Ester Navarrete Santana e Raquel Suárez Pedrosa fixeron o propio no femenino. Resultados

Compartir: