Resultados

A S.G.P. na Copa de S.M. el Rey y S.M. la Reina de Clubes de Pista Cuberta

O vindeiro sábado celebrase unha nova edición da Copa de S.M el Rey y S.M. la Reina de Clubes en Pista Cuberta en Valencia. A competición contará con unha ampla participación galega. Nos homes estará a Sociedade Gimnástica de Pontevedra con un equipo que conxuga a veteranía de homes coma Victor Riobo nos 1500 ou Victor Gallego no peso con xóvenes valores como Alfonso Pérez Dávila nos 200 e Ivan Rodríguez Maceiras na lonxitude. Nesta proba estará tamén o marinense Jean Marie Okutu defendendo as cores do F.C.Barcelona o mesmo que José Alfonso Palomanes no triplo. Nas mulleres presenza galega nos 800m con Yuliana Velásquez, este ano nas filas da A.D. Maratón e de Belén Toimil do Playas de Castellón no peso.

Compartir: