Resultados

Sergio Piñon e Paula Mayobre; vencedores en Ares

O pasado 3 de Agosto celebrouse na fermosa localidade de Ares a edición 22 da súa Milla Urbana, proba puntuable para o Circuito Provincial de Carreiras Populares da Diputación de A Coruña. A primeira carreira en disputarse foi a xa tradicional proba para os mais pequenos, biberóns e prebenxamins, para ledicia de pais e toda a familia.
Ás 11.20 minutos deuse a saída á proba dos benxamins sobre un percorrido aproximado de 500m. Os vencedores foron Manuel Regueiro, independente, e Deki Mato do Clube Atletismo Millaraio. Foi precisamente o irmán de esta xovencísima atleta, Daniel Mato, o vencedor na categoría alevin. Nesta categoría nas mulleres a primeira en entrar na liña de meta foi Marta Vilas do Compañía de María. Estes atletas percorreron unha distancia de 800m.
A seguinte carreira en disputarse foi a proba infantil de 1km. Os gañadores foron Daniel Ríos e Ana García. Dez minutos mais tarde dábase a saída a proba conxunta das categorías cadete, xuvenil, junior, promesa e senior. Os vencedores absolutos foron Sergio Piñón do Affelou Narón en homes con um tempo de 4.32 e Paula Mayobre do Bikila con 4.59 en mulleres. O pódium masculino foi completado con Sergio González do Ria Ferrol e Amador Pena do Noitebra. Sergio Piñón foi, a súa vez, o gañador na categoría junior mentres que o segundo clasificado, Sergio González, venceu tamén na categoría xuvenil.
A atleta xuvenil da A.D. Marathón Alicia Bermudez e Karina Callón do Club Atletismo Sada foron a segunda e terceira clasificada na proba absoluta das mulleres.
Os millores cadetes foron os atletas independentes Alvaro Martínez e Julia Cal.
As seguinte carreiras en disputarse foron as dos veteráns. As 12 do mediodía saían os veteráns V1 e V2 con victoria para Angel Veiguela e Roberto González, do Ría Ferrol, en homes e as duas atletas do Club Atletismo Sada Montserrat Fernández e Mónica Mourelle nas mulleres. Tan só 10minutos mais tarde eran os V3 os que percorrían a última carreira da mañá, proba con tan só 3 participantes. Os vencedores foron José Manuel Insua , do Ria Ferrol, e Silvia Sánchez.
En resumo, bo ambiente na terceira das 10 probas que componen o programa do circuito provincial de Carreiras Populares da Diputación de A Coruña. Resultados

Compartir: