Campionato de Europa Junior

Tres son os atletas galegos que representarán a nosa comunidade no Campionato de Europa Junior a celebrar na localidade italiana de Rieti: Gonzalo Basconcelo, do R. C. Celta, nos 3000 obstáculos, Ana Peleteiro, da Atlética Barbanza, no triple salto e Belén Toimil, do Playas de Castellón, no peso e disco. Parabéns.