Resultados

Actuación dos representantes galegos na Liga Nacional de Clubes

Bos resultados para os equipos galegos na primeira xornada da Liga de Clubes de División de Honor e Primera División. Nas pistas de Balaidos o R.C. Celta gañou o seu encontro con 209.5 puntos seguido do Afflelou Narón con 197.5. Completaban o cuadrangular o Atlético San Sebastián e o Atlético Salamanca. Os celestes conseguiron 11 victorias por 4 do Afflelou Narón. Os gañadores dos equipos galegos nas suas probas foron: David Abalde nos 400, Ismael Costas nos 800, Carlos Porto nos 1500, Gonzalo Basconcelo nos 3000obstáculos, David Gómez nos 110 valados e lonxitude, Sergio Telleria en pértega, Ignacio Fernández en martelo, Fernando Paredes en peso, David Antonio Fernández en disco e o cuarteto do 4×400. Pola parte do Afflelou Narón as victorias viñeron por parte de Mauro Triana nos 200m, Samuel Paz nos 400valados e Miguel Angel Durán na xavalina. Tamén na Primera División o interés dos galegos estaba en Burgos donde competía o Ateltismo Femenino Celta e o Lucus Caixa Rural Galega. Importante victoria a das célticas con 195 puntos, grazas as victorias de Uxía Pérez nos 1500, Esther Navarrete nos 3000, Jenny Fernández no seu debut nos 3000m obstáculos, Beatriz Viteri na pértega, Eva Costas no peso e disco, Sara Arosa no martelo e Mar Chillón na marcha. As lucences foron terceiras con 169 destacando o papel de Alicia Merino vencendo nos 100m e nos 100m valados e Paula Ferreiros nos 200 e 400m. Gañaron tamén as suas probas Saleta Fernández en altura e Marta Lolo en lonxitude. Xa na División de Honor boa actuación dos homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra que foron segundos con 162 puntos por detras do poderosisimo A.D. Maratón, vencedor do encontro con 224 puntos. Catro foron as victorias dos atletas da SGP: Alberto Salcedo nos 200m, Ignacio Sarmiento en 400mv, José Alfonso Palomanes en triple e Victor Gallego en disco. Isaac Vicente nas filas do A.D. Maratón venceu tamén na sua proba. No mesmo esceario, Aranjuez, as mulleres do Ria Ferrol non tiveron sorte e tiveron que conformarse co terceiro posto sendo Lidia Parada a única das representantes galegas en vencer na sua proba, a xavalina. A próxima xornada disputarase o 18 e 19 de Maio.