Tordesillas acolleu o Campionato de España de Medio Maratón. Os atletas que percorreron boa parte do centro histórico da cidade encontraronse con un circuito moi duro que xunto con as altas temperaturas e o forte vento en contra impediron as boas marcas.
A millor actuación galega veu da man da atleta do Comesaña Yolanda Gutierrez que, na sua preparación para a maratón, acabou cuarta con un tempo de 1.21.00. Tralo abandono do atleta do Ourense Academia Postal Alejandro Fernández no kilómetro 15 cando ia en cabeza cos que finalmente serían o campión e subcampeón Jaume Leiva e Chema Martínez, o millor atleta galego na liña de meta foi o seu compañeiro de equipo Manuel Hurtado con un tempo de 1.10.21 na oitava posición.
Destacar tamén a cuarta posición na categoría promesa de Martín Taín da Gimnástica de Pontevedra con 1.21.56.