Marta Lolo e Carrmela Cardama, ouro e bronce no Nacional Xuvenil de pista cuberta
.jpg)
A atleta de Coruña Comarca, Marta Lolo Bello proclámase campiona de España Xuvenil do Triplo Salto en Pista Cuberta, nos Ctos. celebradosen Valencia na tarde de hoxe, a súa serie foi: Nulo – 11,74
– 11,82 – 11,72 -11,85 e 11,73 m. repetindo a marca lograda para alzarse co Cto. Galego da categoría o pasado domingo en A Coruña, a tan só un centímetro da súa mellor marca en P.C., recordemos que
ao aire libre a marca que pousei da pasada tempada son 12,00 m. lograda tamén nun campionato galego, o Xuvenil do Barco, é un síntoma moi positivo que alcance os mellores resultados nos
campionatos.
O mesmo podemos escribir da atleta do Comesaña Sporting Club, referente a
alcanzar os seus mellores resultados nos momentos máis axeitados, pois mellorou novamente a súa marca persoal dos 3.000 m. lisos amplamente ao, lograr a terceira praza nestes campionatos con
10.13.24, superada por duas atletas que debido a ser menores de 18 anos e ter licenza por clubs españois, non considéranse estranxeiras a pesar de non ter nacionalidade española. Moi boa rebaixa da
súa marca a desta “finlandesa”, de 10.29.11que tiña, a 10.13.24 Outra atleta do Coruña Comarca, na cal se tiñan esperanzas de lograr un bo resultado era Patricia Carballo, a cal foi descualificada
por saída nula na 3ª serie semifinal dos 200 m.l. ás cales accedera ao clasificarse segunda na 5ª serie en 1ª rolda con 26.20, logo nos 60 m. clasificouse para “semis” por tempos, ao ser 4ª na súa
serie con 8.07 Na mesma proba, de 200, pero de sexo masculino, o seu compañeiro de clube Marcos Triana López realizou en 1ª rolda 2º-22.75 Semif. 3º-22.81, clasificándose por tempos para a final
de mañá domingo.
Aida Amoedo do Atle. Vila de Cangas, foi 4ª na quinta serie semifinal de 400 m. en 1.00.95, o cal lle supón mellor marca persoal na distancia.na mesma proba Eugenia Gil do
Marineda non puido meterse na final, a pesar de facer a súa marca persoal de 1.00.04 Do Vila de Cangas, en Peso masculino, Pablo Castro alcanzou un 5º posto nun lanzamento de 15,88 m. que
lle supón mellor marca persoal co artefacto de 5 Kg. recordemos que ten 16,80 m. co de 4 Kg como Cadete.
Pablo Modia, do San Fernando Lucus-Caixa Rural quedou 4º en Salto de Lonxitude, cun mellor salto, o último, de 6,55 m. Séptimo quedou Anxo Blanco (COCO) con 6,40m. e 13º Raico Leguiçano do OAAP con
5,84 m.Miguel Otero, do mesmo club, que ía realizando unha explendida carreira para facer marca persoal pero tivo a mala sorte de cair na derradeira volta e tan só puido ser 7º na 2ª serie
semifinal de 800 m. en 2.10.21, foi mérito chegar a meta.
Despois de realizar as catro primeiras probas de Héptalon, o atleta o ADAS, Adolfo Saínz-Maza Villar encóntrase en 5ª posición, sobre a base dos seguintes parciais: 7.49, (60 m.) 6,28 m. (Long.)
12,10 m. (Peso) 1,68 m. (Alt.) que suman 2.504 puntos, os tres primeiros finalizar esta xornada superan os 2.700 puntos.
Isto é o que nos deparou este sábado en Valencia
Xornada Domingo
O mais destacable desta xornada correu a cargo do atleta do ADAS Adolfo Sainz-Maza, en combinadas, finalizando en novena posición cun total de 4325 puntos, que supera a mellor marca galega da
categoria que estaba en posesión de David Gómez dende o ano 1998 con 4125 puntos. Adolfo realizou uns parciais de 7.49 (60), 6,28 (long.)12,10 (peso),168 (alt.) 8.51 (60v),3,10 (pert.) y 3.08.63
(1000).
Marta Lolo competiu en lonxitude, logrando a oitava posición cun mellor salto de 5,36
Os seus compañeiros de Coruña Comarca, Patricia Carballo non puido meterse na final de 60 ao facer uns discretos 8.11 en semifinais, Mauro Triana logrou a septima posición na final 200 cun rexistro
de 23.21 e Anxo Blanco con 13,09 metros en triplo ocupou a 11º posición.
Ana Izquierdo del Femenino Celta e Raquel Villa Carracelas del Vila de Cangas, competiron en peso, quedando 5ª e 11ª cunhas marca de 12,71 e 11,75 metros.
Miguel Pérez del Lucus, competiu en 60 valos, facendo 8.47 en semifinais e a 14 posición en altura con 1.80 metros Resultados