A I Maratón A Coruña 42 vai camiño de ser todo un éxito. A día de hoxe xa hai perto de 200 atletas preinscritos. Esta maratón con carácter oficial e incluída no calendario nacional, poderá acoller
algunha marca mínima dos atletas participantes para os Xogos Olímpicos. Sen dúbida algunha os atletas, o público e o persoal de organización volcaranse de cheo para facer deste
evento unha festa do atletismo galego e nacional.