Cada ano son máis os concello que se suman á promoción da práctica da carreira a pé o último día do ano. As carreiras San Silvestres proliferan ano tras ano entre os distintos concello de Galicia. Moitas destas carreiras acollen a centos de atletas populares e federados que desexan disfrutar dun bo ambiente festivo e saudable ata as horas previas ao remate do ano.
O vindeiro día 31 os concellos de A Coruña, Castrelo do Miño, Pontevedra e Mugardos acolleran a súa Carreira San Silvestre. As probas están abertas a tódolos interesados e pódese ir disfrazado, en algúns casos os organizadores premiarán este feito. Dende a Federación Galega de Atletismo animanos a tódolos amantes do atletismo a participar en algunha destas carreiras. Achéganse os seguintes enlaces para máis ínformación sobre estes eventos:
– XIII Carreira Pedestre San Silvestre. Organiza Concello de Castrelo do Miño. (Mais info)
– XXVIII San Silvestre Pontevedra. Organiza a Sociedade Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.
– II Carreira San Silvestre Rialto Concello da Coruña. Organiza o Club Atletismo Rialto e o Concello da Coruña. (Mais info)
– Carreira Fin de Ano Mugardos-Ares: Organiza Concello de Mugardos e Concello de Ares. (Mais info)