Resultados

Adestrador de luxo para os martillistas vigueses.Intenso fin de semana con Alexander Sinitsyn

Un ano máis, o técnico ruso Alexander Sinitsyn acudiu á súa cita co atletismo galego, aceptando a invitación persoal de José Manuel Hermida, o adestrador vigués que acumula éxitos cos seus lanzadores. Sacha, como é coñecido, atópase concentrado en Albufeira (Portugal) cunha selección de lanzadores do seu país, entre os que se atopa a jabalinista Maria Abakumova, a subcampeona olímpica da que é adestrador persoal. A atleta proclamouse campioa do mundo en Daegu en setembro, cun lanzamento de 71.99m, récord dos campionatos. Durante uns días, os vigueses terán o privilexio de aprender dun gran profesional, que non escatima tempo nin atencións con todos eles.
Grupo Hermida.
O técnico vigués conta cunha nutrida formación de atletas de todas as categorías, e veu cosechando triunfos ao longo dos últimos anos, converténdose nun referente do atletismo vigués a nivel nacional. Só en medallas nacionais supera a centena. Os seus atletas están presentes en todo o atletismo galego, e condenados a enfrontarse, xa que militan en equipos que se baterán nas distintas xornadas de Liga española, como o Real Club Celta, Ourense Academia Postal, At. Narón Afflelou, ou a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, aos que se suman Isaac Vicente., vigente campión de España absoluto e Pablo Denís, subcampeón promesa, ambos no Marathon madrileño.

Foto e noticia: Flor Currás

Compartir: