Saltar ao contido
Arquivo

Aviso importante para os atletas cadete da selección galega no Campionato de España por comunidades do CSD

Comunicamos que todolos atletas integrantes da selección galega publicada na Circular 46-2011, deben achegarse este xoves día 9 ás súas delegacións mais cercanas para recoller a
equipación da selección. Os lugares de recollida son os que indicaron os atletas ao confirmar a súa participación, excepto Iago Setien que recollerá a roupa no autobús e
Laura Chapela que terá a roupa en Vigo. Calquer problema ou dúbida poden contactar co secretario da FGA en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Roupa da selección en propiedade e préstamo

Co fin de facer unha mellor xestión das equipacións da selección galega tódolos atletas recibirán en propiedade o seguinte material: calcetíns, polo de
paseo
, camiseta técnica quencemento, pantalón e camiseta competición e unha mochila grande. Mentres que levará prestada
e por tanto terá que devolver á FGA ao rematar a competición o chandal e as bermudas de paseo, para que as mesmas poidan ser reutilizadas en vindeiros anos. Os
atletas que desexen quedarse con este material poderán adquirilo a un precio moi especial.

Plan de viaxe

Hoxe publicouse o plan de viaxe, o mesmo pode contemplarse na Circular 46-2011.

seleccion
Compartir