LigazónO próximo día 15 de maio a cidade da Coruña acollerá a terceira edición da carreira de medio maratón ¨A Coruña 21¨. Organizada pola Concellaría de Deportes e a Federación Galega de Atletismo, a carreira terá carácter popular, para homes e mulleres. Cun percorrido de 21,097 km, rápido e espectacular, desde Oza a Porta Real, a organización pretende bater o record de participación do ano pasado e superar os 1.500 participantes que se deron cita en 2010 Circuito Regulamento
IMPORTANTE: Debido á gran cantidade de atletas inscritos, a organización agradece que o sábado dia 14 na tenda SportZone do Centro Comercial Dolce Vita (A Coruña) situada na rúa Newton 15 en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 21,00 pasan a retirar o seu Dorsal e Chip para evitar aglomeracións o dia da proba.