Resultados

Intensa xornada formativa para adestradores e atletas galegos de velocidade e salto con pértiga

Este domingo terá lugar no Pazo dos Deportes de Riazor unha concentración do sector de velocidade. Está prevista a participación de perto de 30 atletas e adestradores das categorías infantil e cadete. A xuntanza atlética terá lugar a partir das 11:00 horas e a mesma está organizada pola Federación Galega de Atletismo a través da responsable do sector de velocidade.

Por outra parte, en Lugo o sábado día 2 reuniranse perto de 10 técnicos galegos no Estadio Gregorio Perez Rivera para asistir a unha xornada técnica dirixida polo responsable do sector de salto con pértiga da FGA, o técnico galego Santiago Ferrer.

Compartir: