Resultados

Alicia Merino: convocada pola RFEA a unha concentración de Combinadas

A atleta Alicia Merino, do Club SF Lucus Caixa Rural Galega, foi convocada pola Federación Española de Atletismo a unha concentración do sector de Probas Combinadas que se celebrará no Centro de Alto Rendemento de León, entre o 15 e o 19 do próximo mes de Abril.
Esta convocatoria representa un merecido premio á excelente campaña de pista cuberta realizada pola atleta que adestra Adolfo Vila e que arroxou 2 campionatos galegos absolutos (valos e critérium combinadas), 4 na súa categoría (valos, velocidade, lonxitude e combinadas) e culminou coa medalla de prata de Probas Combinadas no recente Campionato de España celebrado en Sabadell o pasado 5 de Marzo, no que totalizó unha puntuación de 3.356 puntos, a tan só 6 da campioa e a 40 de record galego da súa categoría

Compartir: