Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Boa actuación da Selección Galega de Marcha en Benicasim

No campionato de España de Marcha en ruta, a selección Galega tivo unha boa actuación ao lograr a medalla de Oro en cadete mulleres, prata en junior-xuvenil masculino de 10 Km. e a de Bronce en 5 Km. de cadetes homes,

A nivel individual destacar a Mar Chillón Caamaño ao lograr o subcampeonato e mellora a mellor marca galega cadete sobre 5 km. ao parar o crono en 25.38 e rebaixar en 15 segundo o rexistro de Lorena Luaces do ano 1999.
Tambien Samantha Mulloni logro metal ao quedar en terceira posición, sobre 20 Km. e un rexistro de 1.47.39 na categoria promesa. Logrando Pilar Iglesias do San Fernando Lucus, o titulo en veternas da categoria 40 sobre 10 km.
Bos cuartos postos de Rocio Carbia (51.41) e Francisco Durán en 10 Km. (45.55) e quinto lugar para Lorena Luaces cunha buna marca de 1.33.59 e a mesma posición Resultados FOTOS