Resultados

Campionato de España de Pentathlon e Pentathlon de Lanzamentos de veteranos.

Numerosa representación galega no Campionato de España de pentatlón e pentathlón de lanzamentos celebrado o pasado fin de semana en Zuera, Zaragoza, con varios postos de podio e novas plusmarcas.
No Pentathlon de lanzamentos, o atleta veterano do Real Club Celta de Vigo, Manuel Rodríguez, proclamouse campión de España na categoría M-60 cunha puntuación total de 2748 puntos. Esta modalidade engade o lanzamento de martelo pesado aos habituais de peso, disco, xavelina e martelo. Coa marca conseguida, Manolo Rodríguez, discípulo de José Manuel Hermida, establece unha nova mellor marca galega nesta especialidade. Nesta mesma categoría M-60, José Manuel Almudí, do Caixa de Burgos, clasificouse en terceiro lugar logrando unha puntuación de 2474 puntos, e o seu fillo, Carlos Alberto Almudí, M35 logrou mellor marca galega con 2549 puntos
En Pentathlon, bronce tamén para Fernando González, ADAS en M-50, con 2803 puntos, nova mellor marca galega. María José Fraga, de At. A Silva, en F35 foi segunda con 1779 puntos.
Completarolan a representación galega en ambas as probas, Carlos Ferrer, Roberto Faya, José Domínguez, José Fraga, Xullo Fernández e Luís Nogueira.

Compartir: