Resultados

Lolo Penas e Paula Mayobre gañadores da Coruña 10 e Campions Galego da distancia

Manuel Angel Penas e Ana Dias, non tiveron dificultades para alzarse vencedores na carreira A Coruña 10., ademais ao arzuán valeulle para proclamarse un ano máis campión galego da distancia, o mesmo que a segunda clasificada feminina da carreira, a ferrolá Paula Mayobre, esta alzándose co seu primeiro campionato da distancia, mellorando ostensiblemente a marca realizada o pasado ano neste mesmo circuíto.
Nunha mañá asollada, con temperatura moi adecuada para o esforzo que se prestaban a realizar, deuse a saída puntualmente a esta nova edición da proba coruñesa organizada pola FGA co patrocínio do Corte Inglés e o Colexio Oficial de Farmacéuticos que por primeira vez colabora nesta carreira .Era a cuarta e segunda como Cto. Galego da distancia. Dos 1.839 atletas controlados en liña de meta, entre federados e non federados, a realidade é que .Lolo. tivo unha actuación á espera de dilucidar o triunfo na recta final, ata ese tramo final, un Gustavo Neves, todo decoro e ganas loitou denodadamente por esa segunda praza con Carlos Villamor, pois a pesar de ir os tres nun pano era evidente que o esforzo de Penas non era o mesmo,que o dos seus acompañantes. Ao final Carlos superaba a Gustavo en 2 segundos, os tempos foron os seguintes: Penas, 30.51., Villamor, 30.54., Neves, 30.56..
Cuarto entraba un Robertas Geralavicius, en 31.18., o cal superaba a un Rubén Castro, 31. 33, que quixo en primeira instancia optar ao podio, o cal puido suporlle que pasada media carreira resentísese do esforzo en manter un ritmo que hoxe non parecía ser o seu, pero isto é sempre un dato positivo a resaltar, sen ambición non se obteñen resultados. Algo parecido puido haberlle pasado a un Juan Pena Holguín, que cando quedou só en carreira foi alcanzado e superado por José Manuel Vieito, pero nos metros finais Pena aguantou e véselle máis rápido que ao triatleta Vieito, o cal supúxolles 31.45 e 31.46. respectivamente. A continuación entraba en 8º posto, o primeiro veterano da carreira, Ramón Serantes en 32.14, seguíalle o marroquí Akka Asaadaoui, en 32.16, de 10º entraba Ricardo Vázquez en 33.11., 11º Miguel Fernández en 33.23. e de 12º e primeiro júnior Pablo Noite en 33.24.
Se escribimos que en homes a vitoria estivo clara desde o principio, a pesar de que os tempos conseguidos puidesen facer pensar o contrario, en mulleres xa non se deu ese caso, a portuguesa Ana Dias impúxose claramente desde o inicio da proba alcanzando ao final con certa facilidade unha vantaxe de 30. sobre a súa inmediata seguidora, 34.24 foi o tempo alcanzado por esta portuguesa, polos 34.54. da ferrolá Paula Mayobre, aínda que ata pasada a metade da carreira a perseguidora era Marta Fernández, a cal viuse superada por unha Paula que desde que esta adestrando baixo as ordes de Rocío Rodríguez experimentou un salto de calidade notable, que denota a diferenza de marca alcanzada o pasado ano neste mesmo circuíto de 38.37., (a tres minutos moi longos deste ano) o cal valeulle para alzarse con dobre título galego de campioa absoluta e promesa, título que esperaba conseguir Marta Fernández, que a priori era a favorita, pero o atletismo non é matemática pura, e unhas veces estás mellor ou máis acertado na repartición do esforzo e outras non tanto, merecido triunfo de Paula Mayobre e segunda do Cto. en 35.36. Marta Fernández, á cal seguíanlle as súas compañeira do Comesaña S.C. Mª Yolanda Gutiérrez, en 36.21. e a incombustible Soidade Castro en 36.43., alcanzaba o título de veteranas unha vez máis e van….En 6ª posición entraba a 2º promesa, Esther Navarrete, en 36.54. por diante da mencionada adestradora da campioa Rocío Rodríguez, en 37.39., terceira promesa,( pero non do Cto.) era Solange Andreia Pereira, (gañadora dunha dura proba de 7 Km.onte tarde en Marín, na cal tamén participaron as dúas que a seguiron) á cal notóuselle con evidentes dificultades para terminar a proba en 38.07.. A segunda veterana en meta en 9º posto foi Mª Isabel Sáez, en 39.08., Raquel Súarez foi 10ª con 39.24, de 11ª Carmen Penas en 40.19 e .pechaba a ducia. a tamén veterana Mercedea Gómez en 40.21.
Unha bonita mañá de pedestrismo que se pechou coas categorias de menores, onde tomarón parte as categorias de xuvenís,cadetes e infantís, sobre unha distancia de 4 Km, e os aleviines e benjamines sobre 1200 metros, para finalizar os pitufos sobre 150 metros Resultados: Coruña10 Gallego Absoluta Promesa,Junior,Veteranos FOTOS

fotos: (gentileza Mª José Diaz)

Compartir: