O día 10 do vindeiro mes 10 do ano 2010 terá lugar a IV Carreira Coruña 10, unha das mais importantes probas de Galicia que cada ano vai incrementando o número de participantes. Este ano espérase chegar ata os 3.000 participantes que tomarán as rúas da cidade herculina. A proba conta con importantes premios en metálico e transcurrirá por un circuito de 10 kilómetros homologados pola RFEA. O atleta que bata o record da proba levará a cantidade de 1.000 euros, o vencedor da proba 800 euros e o primer atleta galego 400 euros. Ademais haberá premios en metálico ata o 8º clasificado da xeral e o 4º clasificado galego. O Colexio Farmacéutico da Provincia da Coruña outorgará un premio especial de 500 euros ao atleta veterán mais lonxevo que cruce a liña de meta. Haberá camisetas para todolos participantes. Tamén disputaranse carreiras de 4 km para atletas infantís, cadetes e xuvenis, 1,2 km para atletas benxamíns e alevíns e 150 metros para atletas nados no ano 2002 e posteriores. Se ainda non te inscribiches faino xa e disfruta da Coruña 10! (Mais informacion) Diptico