Nas pistas do Estadio Municipal de Balaídos disputouse onte sábado o Campionato de España de Federacións de 1ª Categoría. Nun día soleado e cas gradas de Balaídos ao 90% de ocupación, un total de 9 comunidades loitaron por acadar algún posto no prezado podium. Galicia que acudía con importantes baixas como a de Luis Moro, Alexandre Sola, Patrick Chinedu ou Begoña Garrido, tentou de facelo mellor posible, e así foi, por primeira vez na historia do atletismo galego a Selección Absoluta masculina logra subir ao podium ao rematar a competición en terceira posición cun total de 87 ptos., por detrás de Cataluña (106 ptos) e Andalucía (104 ptos) e superando a comunidades tan fortes como Madrid (82 ptos), Castilla La Mancha (71 ptos.), Castilla y León (70 ptos) o Comunidad Valenciana (66 ptos). Tamén moi bo resultado para a Selección Galega feminina que remataba na 5ª posición cun total de 83 puntos superando as comunidades de Pais Vasco, Comunidad Valenciana e Castilla La Mancha. Nesta competición os atletas galegos estrenaron as novas equipacións da Selección Galega dotadas dun conxunto de competición e outro de quencemento ou paseo, tendo moi boa acollida por parte de todolos atletas. As cores desta nova equipación tiveron gran protagonismo especialmente nas carreiras de 800, 1500 e 3000 ml. donde Víctor Rioboo, Gustavo Platas, Manuel Penas e Marta Fernández, mostraron unha gran superioridade frente ao resto dos contrincantes deleitando co seu virtuosismo ao público galego presente. Pero non só o medio fondo foi o triunfo de Galicia, nos lanzamentos, Isaac Vicente, Gustavo Dacal e Felicia Moldovan dominaron as probas de martelo e xavalina, respectivamente, mentres que nos saltos Alfonso Palomanes acadaba a victoria no triple salto. No trocante ao sector de velocidade, salientar a magnífica actuación de Virginia Villar quen a pesar de padecer un lixeiro estado febril, impúxose nunha moi boa carreira nos 100 m.v. Tamén fantástica actuación da marchadora galega afincada en Madrid, Lorena Luaces quen rematou en segunda posición nos 5 km marcha establecendo un novo Record Galego 22´20´73. Sen dúbida algunha estes triunfos e a moi boa actuación do resto de atletas integrantes da Selección Galega fixeron que Galicia cumplise un dos seus sonos, subir ao podium nun Campionato de España de Federacións de 1ª categoría. A RFEA confirma na súa Circular 128-2010 a permanencia de Galicia na máxima categoría, Galicia sitúase no total de puntos en homes e mulleres na quinta praza a tan só 3 puntos da cuarta federación clasificada Castilla y León. A Federación Galega de Atletismo desexa transmitir a súa mais sincera noraboa a todolos integrantes da expedición, atletas e adestradores. Grazas polo voso esforzo e por defender tan ben as cores blanquiazuis! (Resultados) Fotos RFEA En breve publicaránse mais fotos do campionato. Foto: Flor Currás